Asociación ourensán integrada na Federación Galega de Micoloxía que realiza entre outras actividades relacionadas con esta temática conferencias, cursos, concursos, exposicións, reunións semanais co obxecto de clasificación de especies e programación de actividades, saídas de traballo de campo para a recollida de cogomelos, excursións a explotacións micolóxicas, participacións en congresos, participación coma expositores e proxecto de elaboración dun libro sobre Micoloxía e receitas de cociña dos cogomelos.