Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Con punto pero sen final.

Creación dunha empresa dedicada ó bordado industrial de prendas. Para levar a cabo o bordado utilízanse máquinas que traballan mediante un programa informático.
Vilagarcía de Arousa.
 

Descubrindo algún segredo do monte.

Implantación de empresa de produción de bens e servizos no ámbito da micoloxía, na cal comercializan cogomelos de moitas especies , o inóculo e incluso a planta micorrizada e ofrecen cursiños relacionados co produto que ofrecen.
Pontevedra.
 

Servizo de axuda. Onde?... no teu domicilio.

Cooperativa creada por mulleres que se dedican ao servizo de asistencia a domicilio e centros hospitalario. A súa labor realízana tanto no ámbito urbano coma no rural.
Varios concellos da provincia de Pontevedra.
 

Para quedarse no Courel.

A partires da existencia de financiamento para proxectos que se quixesen executar no Courel e da paixón dos dous emprendedores deste proxecto pola zona, decidiron implantar un campamento cerca da Devesa dea Rogueira, unha importante reserva botánica. Máis tarde construíron apartamentos, creando unha interesante alternativa turística en plena natureza.
Folgoso do Courel.
 

Para facer hai que querer.

Froito dun momento complicado para a explotación porcina, decidiron pór a funcionar unha pequena fábrica de elaboración de embutido para darlle saída á produción da granxa. O éxito foi tal, orientándose nun principio fundamentalmente cara o chourizo galego, que tiveron que acudir á materia prima doutras granxas. A produción de elementos tradicionais introduciron valores de innovación co obxectivo de diferenciarse e ter sinais de identidade propios.
Riotorto.
 

Coma un moble de moito camiño.

Fabricación de carrocerías para vehiculos de transporte así como subministración e adaptación de equipamentos auxiliares.
Alfoz.
 

Xuventude dándolle xeito á historia.

Rehabilitación de casa rural do século XVIII para aloxar adega con recuperación de viñedos, así como dedicación a turismo rural e restaurante.
Ribadavia.
 

Sementes, e non só de millo.

Centro de formación diversa e investigación no cultivo do millo para o incentivo do
desenvolvemento na Baixa Limia.
Lobeira.
 

Unha produción alternativa.

Envasadora de esterco de cabra para a súa comercialización como adubo orgánico.
Lobios.
 

Non hai obstáculos gustando e cooperando.

 Explotación gandeira de ovino e caprino con aproveitamento pastoral de Monte.
Vilariño de Conso.
 

Distribuir contenido