Iniciativas empresariais diversas nun pequeño lugar dunha parroquia de montaña.. Nesta aldea hai emprendedores coma unha queixeira que asesorada pola Aula de Produtos Lácteos de Lugo, chegou a dedicarse á produción de queixos coa materia prima que proviña da explotación familiar. Outra iniciativa levada a cabo por unha parella que tras abandoar a explotación de gando vacún á que se dedicaban, en lugar de emigrar, crearon unha empresa familiar dedicada á produción de pan artesanal que tivo gran aceptación e éxito, pola súa estratexia de seguir coa produción tradicional.