Empresa dedicada á fabricación e venda de cerámica artística con tres liñas de traballo. Unha marca de cerámica propia de calidade, buscando deseños orixinais e pezas exclusivas; a realización de murais cerámicos artesanais; e regalos de empresa. Exeliron trasladar a súa ubicación a Vilachán dende Vigo porque o seu proxecto de futuro é engadir visitas turísticas á empresa. Tomiño.
Centro de atención á infancia de 0 a 8 anos constituído por unha cooperativa de tres socias. É un espazo no cal se educa ao neno a través do xogo e realización doutras actividades incluíndo ás familias nelas porque buscan a implicación directa dos pais, aos cales ademais ofrecen un programa mensual de charlas. Tui.
Taller de artesanía cerámica que comezou coma unha afecCión e rematou coma o seu medio de vida. Traballan con gres elaborando elementos de simboloxía celta e outras pezas. Os seus donos teñen un gran empeño no desenvolvemento do rural, a conservación de pautas tradicionais, a loita polo medio ambiente e o mantemento do acervo cultural entre outros moitos. A Guarda.
O protagonista do proxecto trasladouse ao rural a vivir o traballo nun ambiente agradable. Utiliza para a elaboración dos seus traballos técnicas e materiais de arquitectura biolóxica. O froito son xogos artesanais totalmente respetuosos co medio ambiente. O proxecto de futuro é crear maletas de xogos que conteñan un compendio de xogos pensados para o aprendizaxe das matemáticas. O Rosal.
Restauración de muíños e do seu entorno no concello do Rosal. Adecuación do entorno, consolidación de muros e e recuperación dos tellados foron algunhas das tarefas desenvolvidas para recuperar construcións que nalgún dos casos estaba totalmente abandoada. O Rosal.
Empresa familiar asentada en Pereiro de Aguiar, pola comodidade do rural. Dedícase á siderometalurxia na cal se fabrican con aceiro, zinc, cobre e outros metais diversos, elementos coma condutos de extracción , chemineas, alexas… Pereiro de Aguiar.
Casa de turismo rural e cerería nun antigo complexo rehabilitado no que aínda se conserva un antigo lagar de cera. Dito complexo está situado no concello de Forcarei. Forcarei.
Buscando un cambio cara a calidade da adega familiar que levaba producindo viños e licores dende o ano 1958, os donos deciden centrarse na viticultura e aplicalas tecnoloxías para elaborar segundo a tradición. Contan con dez has de viñedo propio, fundamentalmente mencía e albariño. Foron os promotores da denominación de orixe Ribeira Sacra.Tamén se dedican á produción de augardentes e licores, así como destilería. O Saviñao.