Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

C. de Educación Ambiental Outeiro

Centro que forma parte do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro e para o que se fixo unha sala de exposicións, equipada cos medios técnicos precisos.
 

Fragas de Mondeo. Fondo de Conservación da Natureza das Mariñas.

Fragas do Mandeo é unha entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas (Galicia, España). Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou cesión temporal, buscan conserva-los espazos naturais desta comarca.. Custodian as fragas para veciños e visitantes, para as xeracións presentes e as vindeiras. .
 

WEB: A vida dos Ríos Galegos

Esta páxina é un traballo de Secundino Lorenzo Fernández e ten coma obxectivos mostra-la vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai cando se atenta contra esta vida, pretender que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con paixón os nosos ríos e  defendémolos diante dun mal chamado progreso que non os respecta, fomentar con este traballo a afección a estas visitas a natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as nosas ribeiras, que sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia.

Sociedade Galega de Ornitoloxía

 A SGO ten coma fins o estudo científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia. Ademais, tenta promover entre os cidadáns o coñecemento, aprecio e respecto das aves e da natureza en xeral.

Laboratorio Medio Ambiente Galicia

Le corresponde al LMAG la realización de estudios, análisis e informes técnicos sobre el establecimiento de parámetros, técnicas y procedimientos analíticos previstos en las normas medioambientales, de conformidad con lo previsto en el Decreto 164/1999, del 27 de mayo, por lo que se establecen las competencias y funciones del Laboratorio de Medio Ambiente.
 

Parque Natural Fragas do Eume

 No val do río Eume atópase este parque natural, que, con 9.126 hectáreas constitúe un dos bosques atlánticos máis interesantes da comunidade galega. Flora: fresnos, castiñeiros, abeduis, sauces, arces, avellanos, laureis. Nalgúns lugares, formando unha auténtica cascada de verdor, ao carón das que forman os cursos de auga que se precipitan polas ladeiras, obsérvanse fieitos relictos do Terciario. Interesante, nos dominios do parque, o mosterio de Caaveiro.
 

Asociación micolóxica Andoa

A Asociación Micolóxica Andoa ten coma obxectivos entre outros, difundir a cultura dos fungos. Pretenden concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este reino dos fungii. Queren divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer  a culinaria.

Lagoa e areal de Valdoviño- Humedal ((RAMSAR)

Humedal litoral conformado pola propia lagoa de Valdoviño ou A Frouxeira (75 ha), o  sistema dunar e a praia de A Frouxeira (3 km de longitud), que conforman un típico conxunto de praia/barrera/lagoa que se completa coas augas mariñas os acantilados, cuxa rasa de punta Frouxeira está parcialmente cubierta por formacións dunares remontantes, próximos á praia. Parte da superficie da lagoa está orlada por bosquetes riparios e cuberta por un denso marxal de Phragmites australis  e xunqueiras salobres de Juncus maritimus, Agrostis stolonifera e Scirpus spp.

Museo da Natureza (SGHN)

Este museo conta  cunha colección biolóxica das máis importantes da Península.  O museo dispón dentro da súa colección de mamíferos mariños, crustaceos, aves, insectos, cetaceos e cartografía mariña. O criterio seguido por este museo  para a formación da mostra expositiva é que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio.
 

Asociación Papaventos

Esta asociación ten o fin de desenvolver un proxecto de animación medioambiental e cultural. Papaventos desenvolve actividades lúdico-pedagóxicas en centros escolares de douscentos concellos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal .

Distribuir contenido