Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Polo río abaixo.

Trátase dunha iniciativa baseada na afecións dos socios. Esta empresa é pioneira na implantación de raftin en Galicia. Tralo estudo dos ríos para atopar o escenario ideal foron construíndo Ulla I e Ulla II convertíndoos en enclaves de aventura e diversión. Hoxe día, oferta canoa, rafting, puenting, barranquismo, equitación, kayac, parapente, tiro con arco e sendeirismo. Tamén se veu ampliada a súa capacidade organizativa podendo mover a grupos de máis dun cento de persoas. As premisas para esta empresa son a reciclaxe continua e o perfecto coñecemento das zonas de traballo.

A tres golpes… e un limón máis.

Coa intención de sacarlle partido a unha leira de limoeiros, pensaron nunha actividade do eido turístico. Coa colaboración dun deseñador e tras informarse debidamente foron pulindo a idea ata crear na mencionada leira un campo de golf tipo Pitch&Putt. Este tipo de golf ten as vantaxas de que se xoga en menos tempo e mellórase o xogo en curto. O tipo de cliente pensado inicialmente era da comarca pero o que está funcionando é o da Coruña. Con seis buracos e 450 metros de percorrido con limoeiros, este lugar é considerado unha canteira para os campos máis grandes.

Conservar, elaborar, plantas…desenvolver.

Esta empresa dedicada nun principio a elaboración de auga ardente comezou a súa andaina nunha casa rehabilitada, despois trasladouse a unhas modernas instalacións na cal se duplicou a produción. Un ano despois do traslado decidiron introducirse no mundo da conserva utilizando grelos e miraveis chegando a conseguir 30 e 15 toneladas anuais de cada produto respectivamente. Traballan 20 persoas e a metade da produción expórtase.

Augas abaixo.

Esta empresa dedícase á organización de actividades no medio natural, fundamentalmente en cursos acuáticos. Coa crenza de que temos que hai que vender Galiza coma un produto natural, os empresarios que comezaron con esta iniciativa  con base en Tui, organizan actividades, todas elas no medio natural, entre elas Rafting, canoa ou kayak.
Varios das provincias da Coruña e Pontevedra.
 

Comer na fraga.

 No marco dun PRODER a través da asociación Euroeume formulouse a idea de crear unha marca de calidade para os establecementos hostaleiros da comarca, co fin de transmitir os valors da zona polo gusto e  un bó servizo. Estableceuse un plan de calidade que abordaba diferentes aspectos da restauración.  A iniciativa foi acollida con éxito e agora preténdese extender a outros ámbitos como é o caso das casas rurais.
Comarca do Eume.
 

Un percorrido polas flores da montaña.

Esta empresa dedícase a ampliacións e melloras na produción, envasado e comercialización de mel. Aínda que comezou a súa andaina nos 80 foi nos anos 90 cando apostaron forte construíndo novas instalacións e equipos debido á boa venda do produto e da demanda. Os donos desta empresa consideran Galiza un lugar idóneo para a fabricación deste produto debido á riqueza vexetal existente. A expansión da empresa non só se produciu a nivel rexional  senón tamén nacional.
Samos.
 

Teoría, práctica e carne saudable a domicilio.

Neste caso a idea inicial rematou na creación dunha cooperativa de gandeiros de vacún de leite e carne con iniciativas de produción e comercialización de carne eleite ecolóxico. A cooperativa aposta por un xeito lóxico de producir, unha gandería sustentable no tempo que colabora para a conservación dos recursos naturais así coma pola calidade do produto.
Verín.
 

Un plan de xermolos.

Este proxecto iníciase en Teo, creando o primeiro viveiro de cultivo de frondosas ornamentais en Galicia. O creador deste proxecto veu neste cultivo unha alternativa ao abandono agrario do rural e xurdiu o plan Estela, aposta estratéxica que permitiría a creación de postos de traballo. Dito plan impulsou o asociacionismo de dezanove persoas que xuntaron as súas terras para dita produción.
Teo.
 

Unha ría máis transparente.

Esta iniciativa nace dun murense que mandou construír un catamarán co fondo todo acristalado para que a xente puidera apreciar visual e gastronómicamente  a riqueza da ría pois mentres os turistas observan o que a ría esconde poden disfrutar dun anaco de empanada e un bo viño.
Muros.
 

Entre auga e lume, moitas cousas en Ribeira.

A iniciativa xurde dun mecánico naval que decide anclar qn terra e comeza a subministrar moitos dos elementos que el antes utilizara: navais e industriais.  A súa andaina tamén percorre o mundo do control e recarga de extintores ante a demanda existente, chegando á comercialización de roupa laboral e proteción individual dirixida a diversos sectores. Conseguiron así unha auténtica diversificación do campo de acción.
Ribeira.
 

Distribuir contenido