Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Esixencia … e vondade.

Taller  de artesanía cerámica que comezou coma unha afecCión e rematou coma o seu medio de vida. Traballan con gres elaborando elementos de simboloxía celta e outras pezas. Os seus donos  teñen un gran empeño no desenvolvemento do rural, a conservación de pautas tradicionais, a loita polo medio ambiente e o mantemento do acervo cultural entre outros moitos.
A Guarda.
 

Matemáticas de madeira.

O protagonista do proxecto trasladouse ao rural a vivir o traballo nun ambiente agradable. Utiliza para a elaboración dos seus traballos técnicas e materiais de arquitectura biolóxica. O froito son xogos artesanais  totalmente respetuosos co medio ambiente. O proxecto de futuro é crear maletas de xogos que conteñan un compendio de xogos pensados para o aprendizaxe das matemáticas.
O Rosal.
 

Volta o pan ós muíños.

Restauración de muíños e do seu entorno no concello do Rosal. Adecuación do entorno, consolidación de muros e e recuperación dos tellados foron algunhas das tarefas desenvolvidas para recuperar  construcións que nalgún dos casos estaba totalmente abandoada.
O Rosal.
 

Relevo firme coma o aceiro.

Empresa familiar asentada en Pereiro de Aguiar, pola comodidade do rural. Dedícase á siderometalurxia na cal se fabrican con aceiro, zinc, cobre e outros metais diversos, elementos coma condutos de extracción , chemineas, alexas…
Pereiro de Aguiar.
 

Mantendo a vela acesa.

Casa de turismo rural e cerería nun antigo complexo rehabilitado no que aínda se conserva un antigo lagar de cera. Dito complexo está situado no concello de Forcarei.
Forcarei.
 

Innovar, unha clave transparente.

Empresa de traballo de vidro cunha forte aposta pola incorporación de tecnoloxía ao proceso produtivo.
 A Estrada.
 

Algo máis que flor.

Empresa dedicada á comercialización de flor e planta ornamental con asesoramento integral ao produtor e ó cliente.
Tomiño.
 

Elaborando viño… facendo comarca.

Buscando un cambio cara a calidade da adega familiar que levaba producindo viños e licores dende o ano 1958, os donos deciden centrarse na viticultura e aplicalas tecnoloxías para elaborar segundo a tradición. Contan con dez has de viñedo propio, fundamentalmente mencía e albariño. Foron os promotores da denominación de orixe Ribeira Sacra.Tamén se dedican á produción de  augardentes e licores, así como destilería.
O Saviñao.
 

Aproveitando o que hai. Mantendo o que se fixo.

N a parroquia de Mera , concello de Ortigueira levouse a cabo unha reconversión de explotación de vacún de leite para a cría de cabalos de deporte, recría de navelas e oferta de actividades da natureza.
Ortigueira.
 

Espárragos da Ulloa.

Asociación de produtores de espárragos que tras ver que as súas fincas non eran rendibres se involucraron neste proxecto. Os agricultores tiveron que aprender moito sobre cultivo de espárrago e informarxe todos xuntos a través dos mellores expertos na materia.
Palas de Rei. Monterroso. Antas da Ulloa.
 

Distribuir contenido