Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

Ría de Ortigueira e Ladrido (ZEPA)

A desembocadura dos ríos Mera, Caleira e Ladrido dan forma a esta aberta e sinuosa ría de pendentes suaves e altitudes baixas, onde se desenvolven unhas extensas chairas intermareales, amplas marismas e humedais e un ben desenvolto sistema dunar.  A gran productividade biolóxica dos humedais costeiros de Galicia  convérteos en lugares idóneos para la reproducción e invernada de numerosas aves acuáticas. Deste xeito a ría de Ortigueira consitúe un lugar privilexiado para observar garzas, zarapitos, ostreros, agujas, correlimos, archibebes, ánades.
 

Illas Sisargas (ZEPA)

As illas Sisargas son un pequeno arquipélago que se atopa fronte a Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes como Chalreu e Xoceiro. As illas son na súa maioría de natureza escarpada, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos acantilados. Porén, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadeiro e unha pequena praia no sur.

Lagoa e areal de Valdoviño (ZEPA)

A lagoa é de augas someras e un cordón dunar de considerable extensión. Alberga 1.000 aves acuáticas durante o período invernal e presenta unha notable extensión cuberta por vexetación palustre. Presenta un extenso areal con boas representacións de dunas primarias e unha interesante e diversa flora psammófila.
 

Complexo intermareal Umia-Grove, Lanzada, Punta Carreirón e Lago Bodeira (ZEPA)

Trátase dun conxunto de áreas litorais situadas no suroeste da ría de Arousa, que comprende a enseada de O Grove e o istmo de A Lanzada, o estuario do Umia, a lagoa Bodeira e o extremo sur da illa de Arousa (punta Carreirón).
 

Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga

Situado xunto a unha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa. A planta superior está dedicada á flora e á fauna propia dos humedais de Galicia, e en concreto á importancia das brañas. Tamén está aquí a Aula Taller-Laboratorio, dotada co equipamento necesario para acoller grupos de ata 40 persoas, e a Aula de usos múltiples. A planta inferior acolle unha ampla exposición acerca da explotación e o uso da arxila e o barro e a historia da cerámica en Galicia.
 

Aula Forestal de Areas, en Tui

No edificio acolléronse os inicios da moderna xestión forestal en Galicia. Parte das seis amplias salas de este museo están dedicadas á memoria do enxeñeiro forestal Rafael Areses, fundador do  viveiro. Consérvanse alí, entre outros, o despacho de quen foi o principal modernizador da xestión do monte galego, así coma as súas coleccións de sementes. Outros espazos están destinados a unha exposición acerca da xestión forestal sustentable,  en general a divulgación dos valores do bosque.
 

Centro de Interpretación da Natureza del Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra

 

Con sede na aldea de Biobra este centro de interpretación sitúase no Parque Natural da Enciña Lastra.
 

Centro de Interpretacion Da Naturaleza de A Siradella

Centro de interpretación da natureza situado no Monte Siralleda.
 

Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas"

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é un proxecto diferencial de Amigos da Terra, xa que parte da esperanza dunha base social significativa, que ao longo destes anos foi traballando sobre os principios e valores que un día os motivou a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.
 

Proyecto piloto Urban del puerto de Belfast (Irlanda)

El Proyecto Piloto Urban del puerto de Belfast se centró en las instalaciones portuarias. Su objetivo era poner de manifiesto un enfoque innovador para el desarrollo sostenible del puerto, que reconciliase las actividades industriales y comerciales con el frágil ecosistema de un estuario de importancia internacional. El proyecto ha sido pionero en diversas técnicas de restauración medioambiental. Se ha llevado a cabo gracias a un modelo de asociación que une aspiraciones económicas y ambientales.
Irlanda.
 

Distribuir contenido