Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Recuperación con moito oficio.

Coa intención de manter o valor etnográfico do concello vivo o concello da Veiga procedeu á rehabilitación de edificios tradicionais adicados con anterioridade a albergar diferentes oficios. Neste proxecto engade a creación dunha ruta etnográfica na que o visitante guiado polos habitantes da zona poidan disfrutar do valor da nosa memoria rural nun entorno natural  fermoso como é Pena Trevinca.
A Veiga.
 

Compromiso no rural e polo rural.

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, como proxecto integral, cunha evolución de acordo co rural, coas súas necesidades e demandas.
Sarreaus.
 

O futuro nos soutos.

Empresa de transformación e comercialización de cogomelos e castañas, así como viveiro de castiñeiro enxertado e micorrizado.
Larouco.
 

Volver a comezar.

Empresa de fabricación de diversos compoñentes para mobles de cociña, dormitorio, etc, polo xeral en madeiras nobres macizas. Esta empresa confórmana trece socios e conta cunhas instalacións de sete mil metros cadrados onde se dispón da maquinaria de última xeración, iso sí, ubicada no rural.
Vilardevós.
 

En pares, as palillas e as palilleiras.

Asociación de palilleiras A Nosa Señora da Barca de Muxía que se dedica ao encaixe de bolillos. Esta asociación está hoxe en día integrada por cento dez palilleiras que fan quendas quincenais para manter aberto o seu local de Muxía pero as súas creacións van ata toda a Península inclusive outros países.
Muxía.
 

Algo especial.

Establecemento hoteleiro nun antigo semáforo da maríña de guerra no cabo de Fisterra. No 1999 foi rehabilitado pola Administración, pasando a ofertarse a súa explotación en réxime de concesión municipal.  A xente que se achega busca segundo o propietario da concesión tranquilidade e un servizo de calidade.
Fisterra.
 

Cuestión de química.

Tinturería e lavandería que conta coa maior máquina de seco do mercado, novedosa entre outras cousas polo seu respecto medioambiental: ó ir provista de filtros ecolóxicos, destila os fluídos empregados que son reutilizados unha e outra vez.  Os emprendedores desta iniciativa tratan de diferenciarse no servizo, na  profesionalidade e no coidado do proceso.
Vimianzo.

 

Voltará a roda a dar voltas.

Rehabilitación de cinco antigos muíños no curso do río de Toba, coa finalidade última de que os habitantes da zona conten cun entorno agradable de esparexemento con outros valores culturais engadidos, así coma conservar a riqueza patrimonial e facela accesible a todos e todas.
Cee.
 

Gozando coa madeira.

Proxecto consistente na restauración de moble antigo e creación de moble clásico coa utilización de madeira maciza, preferntemente de castiñeiro do país. Escapando da produción industrial e en serie.
Castro de Rei.
 

Cada vez máis claro.

Establecemento de lavandería industrial orientada a dar servizo a hostalería, comedores públicos, hospitais (mantelería,etc) que pretendan externalizar ese servizo e con gran capacidade de procesado.Contan con  maquinaria avanzada e está  situado nun lugar estratéxico pero no rural.
Castro de Rei.
 

Distribuir contenido