Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

Rede de Aulas Forestais

Con esta rede preténdese fomentar a cultura forestal a través de actividades de educación e divulgación dirixidas a diferentes axentes do sector forestal e ao público en xeral, pero especialmente aos máis novos, para os que existe un programa de actividades específico.  Entre os seus obxectivos principais está o de ser puntos de encontro para a realización de actividades de carácter forestal; a ensinanza de labores forestais (plantacións, tratamentos silvícolas e aproveitamentos, entre outros), e como centro de visitas de colexios para complementar a formación dos nenos e nenas no seu

Organización Drosera

Drosera é unha organización sen ánimo de lucro, adicada ao estudio e a conservación do medio natural en Galicia.
 

WEB: Micoloxía en Valdeorras

Páxina do micólogo ourensán Cristóbal Ruíz onde se poden atopar fichas dos cogomelos máis abondosos na comarca de Valdeorras, receitas de cociña, ditos populares, refráns, e ata debuxos cómicos sobre os cogomelos feitos polo debuxante O Carrabouxo.
 

Asociación Micolóxica "Pan de Raposo"

Ésta é unha asociación dedicada ao mundo da Micoloxía. Realiza actividades coma saídas de campo, xornadas micolóxicas, edición de un boletín…, investigación, formación, gastronomía...
 

Grupo de Investigación en Micoloxía.

O grupo de Investigación Micolóxica (Universidade de Vigo) comezou a sua actividade no ano 1990. Na actualidade esta composto por Marisa Castro, Alfredo Justo, José Rodríguez Vázquez,  Purificación Lorenzo e Xan Bellón. Na actualidade as liñas de investigación consisten nun catálogo macromicolóxico( coroloxía, taxonomía e ecoloxía) de Galicia e Norte de Portugal, Xestión dos recursos micolóxicos e taxonomía coroloxía e ecoloxía da Familia Pluteaceae S.L. (amanita, limacella, pluteus, torredia, volvariella) na Península Ibérica e Illas Baleares ( flora mycológica ibérica)
 

Asociación Micolóxica "Cogumelo"

Esta asociación organiza actividades relacionadas coa micoloxía coma congresos, exposicións, o premio Luis Freire ao mellor traballo sobre didáctica dos cogomelos, na súa web pódese atopar unha relación de cogomelos característicos das distintas zonas de Chantada ademáis de explicar noutra sección os rasgos principais dos diferentes tipos de cogumelos.
 

Distribuir contenido