Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Hai por onde agarrar.

Fábrica de nasas, mangos para ferramentas e outros elementos de madeira que os mesmos propetarios da fábrica se encargan de ir buscar ao monte. Tralo accidente do Prestige viron afectada a venda da súa produción. A súa teoría de traballo é renovarse ou morrer.
Muxía.
 

Un bo servizo en movemento e en repouso.

Empresa de servizos loxísticos de transporte, almacenaxe e xestión de mercadorías en xeral. Apostan pola externalización das tarefas. Reparten por toda a península contando así cunha delegación en granada. Segundo o propietario da empresa o futuro pasa por ser capaces de mellorar a oferta do sector terciario.
Muras.
 

Volta a cultura ó Escolar.

Rehabilitación e acondicionamento dun antigo Escolar,  antiga Sociedade Pro-instrución, Recreo e Auxilio Mutuo  dos emigrados dende aquí a Cuba . Esta rehabilitación ten as pretensións de, entre outras,  de difundi-la cultura entre as familias dos asociados. para creación de local social, museo e biblioteca. As intencións son incluílo nos circuítos de cultura e ocio de calidade, aproveitando a dinámica turística crecente.
Ortigueira.
 

Os camiños dun futuro mellor.

Explotación extensiva de gando vacún de carne, froito da unión  doutras seis explotacións que optaron por cambiar o sistema produtiva cara un en total liberdade dos animais e xuntar as terras. A familias sen vacas déronlle a opción de participar nesta iniciativa adherindo as súas terras para que as vacas que agora chegan ás 300 vacas.
Navia de Suarna.
 

A cuberto dun teito con moita esencia.

Rehabilitación e acondicionamento dunha palloza para aloxamento de turismo rural. Deuselle unha nova vida a esta palloza que estaba derruíndose co respecto polos  trazos identificadores á cal se sumou a introdución de elementos de máximo confort e habitabilidade.
Cervantes.
 

Un recuncho de recordos.

Un recoñecido escritor galego sobre temas da  nosa cultura tradicional  ideou a iniciativa e puxoa a funcionar no mosteiro do Santuario de Nosa Señora dos Milagres onde se atopa o museo etnográfico que se plantexara crear.
Baños de Molgas.
 

Os "cacharreiros" Ninodaguia.

Tras obter do seu tio e pai unha moi boa ensinanza do mundo da olería embarcouse no oficio e estableceu unha empresa dedicada á produción de diversos obxectos de cerámica. Tivo que modernizarse para mellorar a produción e ser máis competitivo pero segue moldeando de xeito artesanal el mesmo os produtos que elabora no seu taller.
Xunqueira de Espadañedo.
 

Coma os da casa, de fume de carballo.

O proxecto comezou elaborando embutidos con carne que mercaban máis para facer, máis, para conseguir unha maior calidade comezaron a criar porcos. Agora teñen unha  fábrica de embutidos de porco, cunha elevada proporción de produción propia. Exportan a toda Galicia e incluso a outros puntos da península.
As Nogais.
 

A calzada do viño.

Trala adquisición dunha adega do século XVI e dos seus viñedos, o emprendedor desta iniciativa produxo un caldo tinto mencía D.O. Ribeira Sacra que hoxe triplica a súa producción e que leva ás costas unha gran laboura comercial.
Chantada.
 

Dentro e fóra da pedra.

O protagonista da iniciativa realiza obras que expón en diferentes puntos da comarca, favorecendo o enriquecemento da oferta cultural no rural para o seu desenvolvemento. Leva a cabo unha dinamización no rural da vida cultural a través da produción escultórica e a busca doutras sinerxías artísticas.
Antas de Ulla.
 

Distribuir contenido