Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Buenas Prácticas

Estudo dos servizos do verde urbano en Barcelona.

Estudo realizado mediante a aplicación dun modelo informático innovador para avaliar diversos servizos ecolóxicos e económicos e as posibles modificacións necesarias no tipo de vexetación e a súa distribución para obter maiores beneficios.
Barcelona.
 

SIIUR-Alumeado exterior público Ecodixital.

Sistema que inclúe aproveitamento de infraestrururas para comunicacións e servizos municipais ou a terceiros, permitindo unha solución integral de iluminación urbana ademais da creación dun novo modelo de negocio innovador, tanto para o concello coma para outros axentes do sector. Os resultados son aumento da eficiencia do alumeado, facilitación da súa xestión, aforro enerxético, económico e permite aproveitar as infraestruturas para outros usos.
Barcelona.
 

Programa “Escoles verdes” da Generalitat de Catalunya.

Proxecto consistente na integración voluntaria de escolas nun programa para o cal deben realizar un diagnóstico ambiental e un programa reacción que dirixa a unha xestión máis sustentable, así coma integrar o medio ambiente nos currícula, nas actividades escolares e extraescolares.
Cataluña.
 

Información turística 2.0 en Costa da Morte (Galícia)

O sistema baséase no QR (Quick Response Barcode), un código de barras bidimensional que pode conter ata 7.089 caracteres alfanuméricos que permite a creación de contidos. A partir deste sistema un viaxeiro pode descargarse no móvil toda a información (codificada en códigos QR) sobre a Costa da Morte como monumentos , rutas turísticas ou enclaves naturais de interese. A web ofrece aos usuarios o servizo de creación de códigos QR e páxinas web adaptadas para o seu uso en dispositivos móviles asociasdas a ditos códigos.

Instalación de contadores electrónicos e sistema automatizado de reparación de fugas en Oviedo.

Plan Piloto de instalación de contadores electrónicos que permite a obtención de datos estatísticos de cómo se consume a auga en cada vivenda ademais de proporcionar información para coñecer o perfil de consumo doméstico e dar unha solución para a mellora da xestión da demanda, detección de fugas no interior das instalacións particurais, etc. Ao mesmo tempo, de xeito paralelo desenvólvese outro plan na mesma rede centrado na prelocalización de fugas ocultas facilitando unha rápida detección e intervención rápida.
Oviedo.
 

Sanvi sens proxecto sensorización de Sant Vicençs dels Horts (Barcelona)

Rede de sensores que comproban a incidencia na xestión urbana en ámbitos coma o tráfico, o rego ou a recollida de residuos, entre outros. Valorada coma unha plataforma  plataforma experimental única en Europa en este campo, proporcionou a información das posibilidades de aplicación do concepto de Smart Cities tanto á administración coma a futuras empresas que no futuro quixeran desenvolvelo ao máximo nalgún outro municipio.
Sant Vicençs dels Horts.
 

Sistema de District Heating: O caso de Helsinki (Finlandia)

Sistema de distribución de calor xerado nunha ubicación centralizada para a demanda de calefacción residencial e/ou comercial. A calor é obtida habitualmente dunha planta de coxeneración que de maior eficiencia que as convencionais aínda que tamén pode proceder de enerxías renovables. Helsinki foi a primeira cidade europea en instalar unha rede de distribución de calor urbana que supón hoxe en día un referente mundial pola súa extensión e funcionamento pois máis do 90% dos edificios en Helsinki se abastecen de calor a través deste sistema.
Helsinki (Finlandia).
 

Mercados de intercambio.

Trátase de espazos cívicos onde se poden intercambiar obxectos que xa non son de utilidade para os seus propietarios. Co obxectivo de que outra persoa aproveite ese obxecto antes de tiralo obtense o beneficio mutuo e conséguese a toma de conciencia sobre a importancia da reutilización.
Barcelona e outras moitas poboacións.
 

Xestión avanzada do alumeado público no municipio de Caldes d’Estrac (Barcelona)

Instalación dun sistema de máxima eficiencia enerxética que supuña evitar a contaminación lumínica incorporando a tecnoloxía máis avanzada. O proceso distribuiuse en tres fases que deron coma resultado un aforro de 32.025,10 euros ademais de evitar unha emisión de 203.893,1 kilos menos de CO2 á atmósfera.
Caldes d’Estrac.
 

Conservación de la Ciudad Vieja de Zhouzhuang, término municipal de Kunshan, Jiangsu (China)

Zhouzhuang es una ciudad de más de 900 años de historia que está situada al sur del río Azul (Yangtsé o Changjiang), en la República Popular China. A lo largo del tiempo, sus habitantes han venido realizando espontáneamente los trabajos necesarios para el mantenimiento de este marco único, mostrando la verdadera dimensión de la labor de conservación.

Distribuir contenido