Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
É unha federación de asociacións a favor das personas con discapacidade intelectual. Na actualidade está composta por 41 entidades, que prestan servizo a 3.876 persoas con dificultades cognitivas, e conta con 9.486 socios. As ditas entidades dispoñen dunha rede de 96 centros distribuídos polas catro provincias galegas, nos que traballan 1.373 profesionais e 1.281 voluntarios.
Os fins destas asociacións son tanto a prevención como a asistencia ás personas afectadas por el VIH/SIDA. Sendo os seus obxectivos a nivel xeral proporcionar atención bio-psico-social para mellorar a calidade das persoas afectadas polo VIH/SIDA.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.
A Rede de centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.
O Consorcio é o organismo xestor de diversos equipamentos para a atención integral a persoas maiores postos en marcha por todo o territorio galego dentro da Rede Pública do Sistema Galego de Benestar.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Xunta de Galicia, 267 concellos galegos e 4 mancomunidades, é a fórmula xurídica escollida para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais. O Consorcio traballa conxuntamente coa Xunta de Galicia na posta en marcha de políticas sociais do século XXI.
O Centro de Referencia de Movilidad Laboral Transfronteriza é unha ferramenta que permitirá tanto ás administracións como aos particurais de ambos lados da fronteira ter datos permanentemente actualizados do comportamento do mercado laboral transfronteirizo.
UGACOTA é unha Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, á que poden incorporarse todas aquelas que teñan o seu domicilio social en Galicia.UGACOTA é unha asociación sen ánimo de lucro e plurisectorial. Xurde ante a necesidade das Cooperativas de Traballo Asociado de crear un marco de referencia común e de dotarse dos servicios e instrumentos necesarios para o seu fortalecemento.