Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Medio Rural

Ó aceiro non o leva o vento… ou si?

Proxecto pertencente ao sector eólico consistente na fabricación das aspas dos muíños de vento. Esta empresa embarcouse neste proxecto obtendo un resultado exitoso debido á demanda existente.
Narón.
 

Tecendo e destecendo a historia.

A paixón polo popular fixo ás dúas cabezas pensantes do proxecto crear o Centro de Recuperación da Cultura Popular do Castlo de Vila Sobroso. Para o  desenvolvemento da súa idea comezaron pola procura de todo tipo de elementos que supuxera recuperar o tradicional e antigo da zona. Comezaron por exposicións permanentes de todo tipo e agora crearon unha tenda taller na que elaboran produtos artesanais.
Ponteareas.
 

Camiño do viño.

Trátase da creación dun itinerario a carón do  río Miño que permite aos visitantes achegarse ás sete adegas de viño que están ubicadas ao longo desta ruta, museos do viño que xunto co entorno conxugan unha alternativa turística diferente pero interesante.
Crecente, Arbo, As Neves.
 

Quen dixo que o rural é aburrido.

Tras unha profunda análise das carencias e potencialidades da zona da Ribeira Sacra o creador deste proxecto deseñou unha empresa de turismos activo. Consturíron instalacións, incluído o aloxamento en lugares coma a Ribeira Sacra, a Serra do Eixe ou o Xurés e coa colaboración de persoal ben cualificado  levan a cabo unha gran diversidade e calidade nos seus servizos, todo elo nun entorno máis que axeitado para o tipo de actividades que levan a cabo.
Varios na provincia de Ourense.
 

Educar dun xeito natural.

A iniciadora do proxecto inspirouse noutras mulleres do rural que fixeran de pequenas ideas un negocio. Deste xeito e con dúas compañeiras máis decidiu crear un centro de educación ambiental. Este centro conta cunhas instalacións completísimas para lograr que os visitantes logren un contacto absoluto coa Natureza, aprendendo a repectala.
Coles.
 

A tomar un viño no museo.

A iniciativa comezou tras a creación dun mesón tradicional para o cal o seu dono, seguindo a súa inquedanza persoal comezou a coleccionar todo tipo de elementos: embudes, mazas do viño, candís, fitoiras, tecedeiras, … A intención da iniciativa é manter a memoria tan rica e diversa do rural.
Pobra de Trives.
 

Matemáticas de madeira.

O protagonista do proxecto trasladouse ao rural a vivir o traballo nun ambiente agradable. Utiliza para a elaboración dos seus traballos técnicas e materiais de arquitectura biolóxica. O froito son xogos artesanais  totalmente respetuosos co medio ambiente. O proxecto de futuro é crear maletas de xogos que conteñan un compendio de xogos pensados para o aprendizaxe das matemáticas.
O Rosal.
 

Volta o pan ós muíños.

Restauración de muíños e do seu entorno no concello do Rosal. Adecuación do entorno, consolidación de muros e e recuperación dos tellados foron algunhas das tarefas desenvolvidas para recuperar  construcións que nalgún dos casos estaba totalmente abandoada.
O Rosal.
 

Elaborando viño… facendo comarca.

Buscando un cambio cara a calidade da adega familiar que levaba producindo viños e licores dende o ano 1958, os donos deciden centrarse na viticultura e aplicalas tecnoloxías para elaborar segundo a tradición. Contan con dez has de viñedo propio, fundamentalmente mencía e albariño. Foron os promotores da denominación de orixe Ribeira Sacra.Tamén se dedican á produción de  augardentes e licores, así como destilería.
O Saviñao.
 

No día a día dos maiores, este centro.

 Da man dunha psicóloga logopeda e dunha terapeuta ocupacional xurdiu a idea de iniciar un proxecto pouco común nunha vila do rural.  Conseguiron abrir un centro de día dirixido á atención de persoas maiores con perda da autonomía física ou psíquica.  A finalidade é mellorar a independenza destas persoas na vida cotiá, ademais de procesos de rehabilitación concretos sobre todo no tocante ás capacidades de linguaxe e comunicación.
O Carballiño.
 

Distribuir contenido