Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sociedad

Proxecto Fenix (SGEA)

 Este proxecto consiste en facer do proceso de análise diagnóstica unha parte inicial e precursora no desenvolvemento dun novo marco estratéxico para a EA en Galicia, o obxectivo final é  iniciar un “proceso de procesos” con distintos produtos (informes diagnósticos, plans de acción, DAFOs, seminarios, cartas de calidade, indicadores, etc.) coordenados e relacionados entre si.
 

Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza

Esta asociación xurdiu dun grupo multidisciplinar de estudantes e investigadores da Universidade de Vigo cuxa paixón pola natureza fixo que levaran a cabo o desenvolvemento dunha tecnoloxía apropiada para o respetuoso estudo e observación da fauna salvaxe, habitualmente esquiva ante a presenza humana. Consideran as novas tecnoloxías unha poderosa ferramenta para a procura de información e con elo a sensibilización e a educación ambiental. Co seu afán divulgador lóxica é a súa premisa  "para conservar hai que coñecer, hai que coñecer para divulgar".
 

Verdegaia

 Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta
 

Observatorio de Políticas Ambientales

es una iniciativa constituida con el objetivo de analizar periódicamente las políticas en materia de medio ambiente del Estado y de las Comunidades Autónomas, teniendo en cuenta el contexto internacional, comunitario europeo y comparado. Para su organización cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, del Centro Internacional de Derecho Ambiental, y de la Fundación Ecología y Desarrollo.
 

Proxecto FARLAND

FARLAND “Future Approaches to Land Development” é un proxecto de cooperación transnacional impulsado baixo a iniciativa comunitaria INTERREG III encamiñado a fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento no campo da xestión da terra entre rexións europeas.
 

Asociación de Argentinos Residentes en A Coruña

Esta asociación realiza un traballo de inserción dos inmigrantes, e procura a  integración das familias no sistema social español, tarefa que  demanda el esfuerzo maioritario da asociación.
 

Asociación Coto de Frade

Asociación sen ánimo de lucro cuxos fins son promover accións medioambientais, promover a participación da poboación así coma a concienciación désta e impulsar a repoboación piscícola no Ribeiro.
 

Asociación Teenses pola igualdade

Asociación cuxo fin é alcanzala igualdade de oportunidades en tódolos eidos da vida de forma conxunta, tódolos seres humanos cremos na posibilidade dun mundo mellor, baseado na intelixencia e non na forza física.
 

Fundación Galicia Innova

Foi creada co obxectivo de articular a acción social e empresarial do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña e das empresas do Grupo Pan de Soraluce; hoxe é a principal expresión do compromiso que se ten coas sociedades das comunidades nas que opera, coa cidadanía española no exterior e cos proxectos que xestiona.
 

Indymedia Galiza

A Indymedia é unha rede de comunicación independente composta por máis de 100 centros de medios en todo o planeta. A súa organización, exposta nos principios de unidade, baséase na igualdade, descentralización e autonomia local dos nodos que conforman a rede. Indymedia Galiza é o nodo galego da rede Indymedia. Indymedia confórmase sobre o traballo voluntario dos seus colaboradores que a sustentan, ben sexa realizando labouras xornalísticas, técnicas, de difusión...
 

Distribuir contenido