Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Asociación Forestal de Galicia

 AFG é unha Asociación privada sen ánimo de lucro que agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia.

Foro da Madeira

O Foro de Madeira está integrado polas consellerías de Vivenda e Solo, Innovación e Industria e Medio Rural, xunto co CIS-Madeira, o Clúster da Madeira, FEARMAGA, Asociación Galega Monte-Industria e FECEG, que constituíron un foro de traballo e opinión aberto a todo tipo de empresas e institucións vinculadas ao sector
 

WEB: Construción en madeira

O Foro da Madeira é o artífice desta páxina, que ofrece unha visión completa sobre toda a información elaborada polo CIS Madeira no ámbito da construción. Aquí están a “Guía da madeira estrutural” e “Patoloxías da madeira estrutural”, obras que tratan tanto da madeira nova posta en obra como da recuperación de madeira antiga, respectivamente. A documentación dos Cursos de construción en madeira ofrece un amplo abano de información técnica sobre usos e posibilidades a madeira á hora de construír.
 

Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira

Defínese como un instrumento de concertación que agrupa aos axentes representativos do contorno produtivo, científico e tecnolóxico da cadea da madeira. Ten como finalidade fomentar e producir sinerxías entre estes diferentes actores para dinamizar a planificación da investigación e o desenvolvemento deste sector estratéxico para Galicia.
 

Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia

Este centro `promove o desenvolvemento de proxectos de investigación,  a prestación de servizos como o estudio de materiais e produtos, a mellora de procesos produtivos, a formación de recursos humanos, e a información e documentación especializada. O centro está dotado dun completo laboratorio, equipado cos medios técnicos necesarios para realizar ensaios físico-mecánicos e químicos de diversa natureza.
 

Programa PEME Sostible e Responsable

Mecanismo e marco para xestionar unha estratexia de RSE nunha PEME co fin de que esta sexa sostible e responsable. Trátase dun proxecto piloto que permitirá dispoñer dun modelo destinado a incorporar a RSE no sistema de xestión das PEMES galegas. A realización deste proxecto baséase no uso de indicadores divididos en impactos sociais, medioambientais e económicos para cada un dos diferentes grupos de interese clave da organización
 

Observatorio Galego da RSE

O observatorio galego nace co propósito de cumprir unha dobre función. Función informativa pois o observatorio constitúe unha fonte informativa rigorosa e veraz sobre a aplicación da RSE na nosa comunidade; e función investigadora, complementaria da función informativa. A través do reporte de estatísticas e datos, o observatorio contribúe á transparencia en materia de RSE, favorecendo que todos os grupos de interese da responsabilidade social sexan coñecedores das principais informacións e avances con implicacións no ámbito.
 

Responsabilidade Social Empresarial (web da Xunta de Galicia)

Espazo web que proporciona información sobre os aspectos esenciais da RSE, os diversos xeitos en que as empresas galegas poden integrala na súa xestión diaria e como o goberno autonómico pode apoiar este esforzo.
 

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

O ISSGA é un organismo autónomo encargado da xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais neste ámbito e das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.
 

Distribuir contenido