Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Medio Rural

Hai iniciativas, hai ganas, hai Nullán.

Iniciativas empresariais diversas nun pequeño lugar dunha parroquia de montaña.. Nesta aldea hai emprendedores coma unha queixeira que asesorada pola Aula de Produtos Lácteos de Lugo, chegou a dedicarse á produción de queixos coa materia prima que proviña da explotación familiar. Outra iniciativa levada a cabo por unha parella que tras abandoar a explotación de gando vacún á que se dedicaban, en lugar de emigrar, crearon unha empresa familiar  dedicada á produción de pan artesanal que tivo gran aceptación e éxito, pola súa estratexia de seguir coa produción tradicional.

"Mirador de A Madanela "

"Atópase a 641 metros de altitude. Abrangue un campo de visión de 50 quilómetros, tanto en dirección norte como oeste. A paisaxe é tipica do interior rural de Galicia. No seu cume hai unha ermida dedicada á Virxe da Madalena.
"
 

Aloxamento con historia… e futuro.

Rehabilitación dun pazo do século XVII e posta en funcionamento dun aloxaento de turismo rural con numerosos servizos coma piscina, pistas de tenis e un spa en proxecto.
Barco de Valdeorras.
 

Voltará a roda a dar voltas.

Rehabilitación de cinco antigos muíños no curso do río de Toba, coa finalidade última de que os habitantes da zona conten cun entorno agradable de esparexemento con outros valores culturais engadidos, así coma conservar a riqueza patrimonial e facela accesible a todos e todas.
Cee.
 

Madeira e Tecnoloxía.

Industria de serrado de madeira con importante investimento en tecnoloxía para manter a competitividade que as dúas xeracións anteriores levaron a cabo na materia, co obxectivo de obter unha grande eficiencia do traballo. A metade da produción diríxese ao sector do moble, a outra porción ao sector da construción.
Vilalba.
 

Un taller de afiado ao pé dun galiñeiro.

Taller de afiado de todo tipo de ferramentas agrícolas e industriais e outros elementos metálico. A iniciativa xurdiu ao dárense de conta de que non había ningunha empresa que proporcionara este servizo na zona. Realízase unha tarefa personalizada e axustada cunha maquinaria e especialización do século XXI.
Vilalba.
 

Turismo con enerxía, naturalmente.

Complexo de sete apartamentos turísticos  e tres máis que están en camiño, en antigas instalacións agrícolas. Ofrécese  con esta iniciativa unha segunda residencia para aqueles que queiran disfrutar do rural e da natureza, sendo respetuosos con ela pois o emprendedor deste proxecto aposta pola innovación e as enerxías renovables conseguindo a autosuficiencia enerxética.
A Pastoriza.
 

De aceiro e de ladrillo.

Fabricación de apeiros de labranza e de fornos artesanais de pan. Toda a elaboración se fai alí, partindo do metal utilizado coma materia prima e cun deseño propio, que se vai modificando para mellorar a eficiencia da máquina. Para a produción artesanal dos fornos utilízase ladrillo cerámico.
Vilalba.
 

Da terra á tixola.

A iniciativa de producir pataca fritida en tixola tradicional naceu cando tres socios presentaron dita idea ao antigo programa LANZA do Igape, este programa apostou por eles dándolles formación e asesoramento. Posteriormente complementárona na Escola de Organización Industrial. O difícil foi atopar a materia prima axeitada, dado que o proceso esixe unha manipulación moi coidadosa.
Castro de Rei.
 

Todos para un e un para todos.

Sociedade Agraria de Transformación dedicada á produción leiteira, integrada por catro rapaces novos veciños da mesma parroquia. Esta sociedade fórmana catro mozos que decidiron xuntar as súas explotacións  paa asegurar a dispoñibilidade de man de obra xa que por separado os esforzos multiplicábanse, e para cambialas estruturas de traballo para poder dar un salto cualitativo na calidade de vida. Isto fainos máis competitivos, podendo mellorar a súa eficiencia.
A Pastoriza.
 

Distribuir contenido