Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sociedad

Espárragos da Ulloa.

Asociación de produtores de espárragos que tras ver que as súas fincas non eran rendibres se involucraron neste proxecto. Os agricultores tiveron que aprender moito sobre cultivo de espárrago e informarxe todos xuntos a través dos mellores expertos na materia.
Palas de Rei. Monterroso. Antas da Ulloa.
 

Conservas de tradición.

Fábrica de conservas artesanais que se dedica a todo tipo de peixe  e agora tamén con produtos de terra, serve a fora de Galicia en especial a Xapón . Tres xeracións son as que dirixiron a empresa e foron aprendendo todos uns dos outros.
Cariño.
 

Soldados á terra.

Taller de cerrallería dedicado fundamentalmente á carpintería de portas. Este taller comezou coma taller de mecanizados e incluso fabricación de apeiros agrícolas, foi a demanda na carpintería metálica de portes á progresiva especialización neste campo.
Chantada.
 

No día a día dos maiores, este centro.

 Da man dunha psicóloga logopeda e dunha terapeuta ocupacional xurdiu a idea de iniciar un proxecto pouco común nunha vila do rural.  Conseguiron abrir un centro de día dirixido á atención de persoas maiores con perda da autonomía física ou psíquica.  A finalidade é mellorar a independenza destas persoas na vida cotiá, ademais de procesos de rehabilitación concretos sobre todo no tocante ás capacidades de linguaxe e comunicación.
O Carballiño.
 

Algo máis que un xogo.

 Parque temático de ocio e aventura para nenos. Trátase dunha cooperativa de 4 socios, pensado sobre todo no trato persoal, cualificación profesional e instalacións.  Ademais é unha empresa de servizos turísticos pois organizan rutas guiadas e diversos paquetes turísticos, conscientes de vivir nunha comarca cun potencial moi rico en cultura, paisaxe e egastronomía.
O Carballiño.
 

Terra só hai unha.

Taller de mecanizados de precisión  rexido por un retornado buscando no rural o seu lugar de orixe o entorno e pequenas cousas que botaba de menos onde estaba emigrado.
San Amaro.
 

A agulla que corre no Entroido.

Taller de deseño e confección de traxes tradicionais de peliqueiro, típicos dos entroidos de Laza. A emprendedora deste proxecto elabora todos os elmentos destes famosos traxes de xeito totalmente artesanal. Os coñecementos adquireunos dun xastre velliño dunha parroquia veciña e agora os seus traxes son os protagonistas do entroido en Laza, e mesmo algún xa chegou ata Nova York.
Laza.
 

Recuperación con moito oficio.

Coa intención de manter o valor etnográfico do concello vivo o concello da Veiga procedeu á rehabilitación de edificios tradicionais adicados con anterioridade a albergar diferentes oficios. Neste proxecto engade a creación dunha ruta etnográfica na que o visitante guiado polos habitantes da zona poidan disfrutar do valor da nosa memoria rural nun entorno natural  fermoso como é Pena Trevinca.
A Veiga.
 

Compromiso no rural e polo rural.

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, como proxecto integral, cunha evolución de acordo co rural, coas súas necesidades e demandas.
Sarreaus.
 

Volver a comezar.

Empresa de fabricación de diversos compoñentes para mobles de cociña, dormitorio, etc, polo xeral en madeiras nobres macizas. Esta empresa confórmana trece socios e conta cunhas instalacións de sete mil metros cadrados onde se dispón da maquinaria de última xeración, iso sí, ubicada no rural.
Vilardevós.
 

Distribuir contenido