Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

A experiencia do caracol.

Iniciativa que emprenden tres socios tras un curso de helicultura na facultade de Bioloxía de Santiago, materializándose nunha cooperativade produción de caracol.  A cooperativa paralelamente á produción dedicou e dedica boa parte á investigación para lograr unha optimización na produción. A cooperativa conta hoxe cun parque -escola no que ademais de facer investigación proporcionan formación aos socios na actualidade son máis de oitenta.
Valga.
 

Prata con moito sentimento.

Despois de estudar en Salamanca o oficio de xoieiro, o protagonista deste proxecto maila súa muller, ambos xordomudos, deciden establecer no concello de Noia a súa propia xoiería na cal venden os seus propios deseños.
Noia.
 

Que non pare o ritmo.

Este proxecto consiste na creación dun taller no cal se elaboran artesanalmente instrumentos de percusión. Cunha produción que van parar a diferentes puntos de España considera que  dentro de trinta anos seguirá facendo pandeiretas.
Pontedeume.
 

Leite e queixo coma os de antes.

Este proxecto sitúase na comarca de A Ulloa onde un dos sectores máis perxudicados era o leiteiro, por isto tiveron que buscar alternativas que lles supuxeran  saír de tal situación. Optouse pola elaboración de queixos de xeito artesanal, ademais deste valor engadido o creador deste proxecto uneu o potencial que supuña a produción ecolóxica. Deste xeito creouse unha explotación gandeira bobina para a produción láctea en ecolóxico.
Palas de Rei.
 

Moito aprendido.

Ante a situación de desemprego que vivía iniciadora deste proxecto , optou por formarse no tallado de vidro e as súas diferentes técnicas e modalidades. Tras unha consolidada formación decidiu establecerse no rural  montando un taller no cal elabora os seus propios deseños que os fan pezas únicas.
Cabanas.
 

Dando cor, dando vida.

Este proxecto foi levado a cabo por unha parella de estudantes de Belas Artes que se trasladaron da cidade a Pontedeume para abrir nun principio onde ensinaban a restaurar e pintar. Hoxe contan ademais cunha tenda de artesanía.
Pontedeume.
 

Ó aceiro non o leva o vento… ou si?

Proxecto pertencente ao sector eólico consistente na fabricación das aspas dos muíños de vento. Esta empresa embarcouse neste proxecto obtendo un resultado exitoso debido á demanda existente.
Narón.
 

A bica en camiño.

Coa intención de potenciar e intentar manter a elaboración dun produto típico e de calidade, os protagonistas desta iniciativa comezaron a fabricar algo que sempre se fixera na casa. De xeito artesanal fabrican as bicas que conseguiron trasladar a tódolos recunchos de Galicia e a numerosas feiras gastronómicas.
Pobra de Trives.
 

Dende Río ata Saturno.

Este proxecto consiste na creación dun centro permanente de formación e goce ambiental, con aloxamento e organización de múiltiples actividades coma o tiro con arco, xogos tradicionais, estudo da fauna e flora autóctonas, visitas turísticas pola Ribeira Sacra e Terras de Trives, iniciación á meteoroloxía, sendeirismo , introdución á maxia... Toda unha oferta que fai que sexa un gran atractivo para todo tipo de colectivos.
San Xoan de Río.
 

Un servizo moi próximo.

Esta iniciativa parte da necesidade de prestar un servizo de coidado a nenos no rural.  Non é unha gardería, senón que é de carácter puntual, cando os pais non poden atendelos por algún motivo.
Pobra de Trives.
 

Distribuir contenido