Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

C. Interpretación Lagoa de Cospeito

Situado ao mesmo pé da lagoa permite tomar indicacións e facerse cunha maior información do entorno que se vai visitar.
 

C. de Interpretación da Avifauna

Este centro componse dun parque ornitolóxico, un aula de natureza, un centro de educación ambiental e un albergue para aves.
 

Estudo dos servizos do verde urbano en Barcelona.

Estudo realizado mediante a aplicación dun modelo informático innovador para avaliar diversos servizos ecolóxicos e económicos e as posibles modificacións necesarias no tipo de vexetación e a súa distribución para obter maiores beneficios.
Barcelona.
 

Museo Ortegalia

O museo permite realizar un percorrido ilustrativo a través da historia, prehistoria e protohistoria da comarca. Os fondos dispoñibles están principalmente relacionados coa arqueoloxía, sen deixar de lado o punto de vista do patrimonio natural e a actualidade da zona.
 

Casa do mel Goente

 Nesta casa museo fanse distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así coma unha laboura de divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e aficionados á apicultura. A Casa do Mel dispón nas suas instalacions de varias salas de exposicions, así coma unha sala de extracción e envasado do mel e tamén dunha sala de conferencias.
 

Aula da Natureza San Xoan de Río

Aula de Natureza situada en San Xoán de Río que forma parte do albergue Os Biocos.
 

Aula da Natureza do Oira

A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. Poden asistir persoas de todas as idades, tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes.
 

AN-Albergue Montaña Montederramo

Albergue rural situado en la Ribeira Sacra en el ayuntamiento de Montederramo (Ourense).  En pleno parque natural de el Bidueiral donde podrás contemplar el bosque de abedules más grande de la península donde te podrás encontrar con fauna: jabalíes, zorros, corzos y águilas.
 

Distribuir contenido