Iniciativa que parte dun emprendedor que dende novo vivira o mundo da olería moi de cerca e que tras unha licenciatura na materia cos máis expertos do lugar decide facer diso a súa profesión, montar un obradoiro e recuperar unha antiga reitoral que serva de expositor das obras e da súa elaboración para aprender a valoralas e diferenciar o que é a artesanía do proceso industrializado. Mestúrase deste xeito etnografía, tradición e artesanía. Sober.
Tralo peche da fábrica na que traballaba o protagonista deste proxecto, animado pola demanda dos clientes emprendeu o camiño de abrila e comezar a fabricar portas de novo. Traballa sobre pedido de todo tipo de deseños e madeiras. Desta fábrica saen anualmente trinta mil unidades. Oroso.
Empresa dedicada á fabricación e venda de cerámica artística con tres liñas de traballo. Unha marca de cerámica propia de calidade, buscando deseños orixinais e pezas exclusivas; a realización de murais cerámicos artesanais; e regalos de empresa. Exeliron trasladar a súa ubicación a Vilachán dende Vigo porque o seu proxecto de futuro é engadir visitas turísticas á empresa. Tomiño.
Centro de atención á infancia de 0 a 8 anos constituído por unha cooperativa de tres socias. É un espazo no cal se educa ao neno a través do xogo e realización doutras actividades incluíndo ás familias nelas porque buscan a implicación directa dos pais, aos cales ademais ofrecen un programa mensual de charlas. Tui.
Taller de artesanía cerámica que comezou coma unha afecCión e rematou coma o seu medio de vida. Traballan con gres elaborando elementos de simboloxía celta e outras pezas. Os seus donos teñen un gran empeño no desenvolvemento do rural, a conservación de pautas tradicionais, a loita polo medio ambiente e o mantemento do acervo cultural entre outros moitos. A Guarda.
Empresa familiar asentada en Pereiro de Aguiar, pola comodidade do rural. Dedícase á siderometalurxia na cal se fabrican con aceiro, zinc, cobre e outros metais diversos, elementos coma condutos de extracción , chemineas, alexas… Pereiro de Aguiar.
Casa de turismo rural e cerería nun antigo complexo rehabilitado no que aínda se conserva un antigo lagar de cera. Dito complexo está situado no concello de Forcarei. Forcarei.
Buscando un cambio cara a calidade da adega familiar que levaba producindo viños e licores dende o ano 1958, os donos deciden centrarse na viticultura e aplicalas tecnoloxías para elaborar segundo a tradición. Contan con dez has de viñedo propio, fundamentalmente mencía e albariño. Foron os promotores da denominación de orixe Ribeira Sacra.Tamén se dedican á produción de augardentes e licores, así como destilería. O Saviñao.