Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Medio Rural

A calzada do viño.

Trala adquisición dunha adega do século XVI e dos seus viñedos, o emprendedor desta iniciativa produxo un caldo tinto mencía D.O. Ribeira Sacra que hoxe triplica a súa producción e que leva ás costas unha gran laboura comercial.
Chantada.
 

Dentro e fóra da pedra.

O protagonista da iniciativa realiza obras que expón en diferentes puntos da comarca, favorecendo o enriquecemento da oferta cultural no rural para o seu desenvolvemento. Leva a cabo unha dinamización no rural da vida cultural a través da produción escultórica e a busca doutras sinerxías artísticas.
Antas de Ulla.
 

A cousa non para na castaña.

Empresa familiar de comercialización de castaña e elaboración de produtos derivados. Empresa que tivo que atender ás novas canles de comercialización e ademais disversificou os produtos así coma o seu proceso produtivo para obter tanto melloras na eficiencia do procesado e na calidade final do produto.
Chantada.
 

Aquí cúranse ben curados.

Tras uns comezos difíciles para esta industria en pleno momento do fenómeno "vacas tolas" e unha necesaria adaptación a un mercado saturado tívose que optar por ampliala gama de embutidos. Esta empresa dedicada á industria cárnica especializada en produtos típicos galegos, fundamentalmente botelo, chourizo e longaínza hoxe día ten coma finalidade manter a ampla carteira de clientes que ten.
A Fonsagrada.
 

Coidando do monte.

Esta iniciativa xurde na Fonsagrada cun grupo de veciños que deciden constituír unha cooperativa dedicada á limpeza forestal. Esta actividade non só favorece a calidade e cantidade da madeira producida senón que tamén se evitan incendios forestais.
A Fonsagrada.
 

De pata celta.

Proxecto levado a cabo por un grupo de persoas constituídas en cooperativa. O proxecto consiste nunha explotación extensiva de porco celta orientada ó xamón de calidade con venda directa a través de internet da súa produción, na cal o cliente pode decidir como quere que se vaia criando o seu porco.
A Fonsagrada.
 

Creación propia.

Este proxecto foi levada a cabo por retornados galegos cuxo afán artístico a fixo levar a establecer un centro artesanal con tenda e taller,
fundamentalmente adicado a elementos de gres.
Teo.
 

Ó paso, ó trote ou ó galope.

Empresa adicada á artesanía do coiro en guarnicionería e talabartería. Esta empresa está  hoxe establecida en distintos puntos de Galicia e despois de tantos anos de andadura nas novas instalacións ofrecen un completo museo ó visitante.
Arzúa.
 

Horta natural, dos novos.

Empresa integrada por catro mozos adicada á produción e comercialización de produtos hortícolas ecolóxicos e convencionais. Agora teñen un posto no mercado de San Agustín onde ofertan, ademais dos seus, outros produtos ecolóxicos, dende ese posto reparten por outros pequenos establecementos da cidade e tamén abastecen ón mercado central da Coruña.
Varios na provincia da Coruña.
 

Á luz das flores.

A iniciadora do proxecto comezou a súa aprendizaxe en Francia e dun xeito autodidacta continuou en Carral onde estableceu unha tenda-taller de artesanía con desenvolvemento da técnica de flores secas sobre pantallas de lámpadas.
Carral.
 

Distribuir contenido