Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Madeira e Tecnoloxía.

Industria de serrado de madeira con importante investimento en tecnoloxía para manter a competitividade que as dúas xeracións anteriores levaron a cabo na materia, co obxectivo de obter unha grande eficiencia do traballo. A metade da produción diríxese ao sector do moble, a outra porción ao sector da construción.
Vilalba.
 

Un taller de afiado ao pé dun galiñeiro.

Taller de afiado de todo tipo de ferramentas agrícolas e industriais e outros elementos metálico. A iniciativa xurdiu ao dárense de conta de que non había ningunha empresa que proporcionara este servizo na zona. Realízase unha tarefa personalizada e axustada cunha maquinaria e especialización do século XXI.
Vilalba.
 

Turismo con enerxía, naturalmente.

Complexo de sete apartamentos turísticos  e tres máis que están en camiño, en antigas instalacións agrícolas. Ofrécese  con esta iniciativa unha segunda residencia para aqueles que queiran disfrutar do rural e da natureza, sendo respetuosos con ela pois o emprendedor deste proxecto aposta pola innovación e as enerxías renovables conseguindo a autosuficiencia enerxética.
A Pastoriza.
 

Algo redondo.

O espíritu nato de comercial do emprendedor deste proxecto sumado á existencia cada vez maior de demanda de produtos artesanais e típicos levou a que esta persoa creara a súa propia distribuidora de produtos alimentarios.Este proxecto consiste na elaboración semi-artesanal de roscón de Vilalba e doutros produtos coma a Tarta de Santiago, tomando coma estratexia a adaptación ás tendencias de mercado.
Vilalba.
 

De aceiro e de ladrillo.

Fabricación de apeiros de labranza e de fornos artesanais de pan. Toda a elaboración se fai alí, partindo do metal utilizado coma materia prima e cun deseño propio, que se vai modificando para mellorar a eficiencia da máquina. Para a produción artesanal dos fornos utilízase ladrillo cerámico.
Vilalba.
 

Da terra á tixola.

A iniciativa de producir pataca fritida en tixola tradicional naceu cando tres socios presentaron dita idea ao antigo programa LANZA do Igape, este programa apostou por eles dándolles formación e asesoramento. Posteriormente complementárona na Escola de Organización Industrial. O difícil foi atopar a materia prima axeitada, dado que o proceso esixe unha manipulación moi coidadosa.
Castro de Rei.
 

Todos para un e un para todos.

Sociedade Agraria de Transformación dedicada á produción leiteira, integrada por catro rapaces novos veciños da mesma parroquia. Esta sociedade fórmana catro mozos que decidiron xuntar as súas explotacións  paa asegurar a dispoñibilidade de man de obra xa que por separado os esforzos multiplicábanse, e para cambialas estruturas de traballo para poder dar un salto cualitativo na calidade de vida. Isto fainos máis competitivos, podendo mellorar a súa eficiencia.
A Pastoriza.
 

Unha obra moi consistente.

O protagonista da iniciativa retornado de Suíza de cide adicarse ao deseño e elaboración de elementos ornamentais, construtivos e mobiliario en pedra.
Vimianzo.
 

Hai por onde agarrar.

Fábrica de nasas, mangos para ferramentas e outros elementos de madeira que os mesmos propetarios da fábrica se encargan de ir buscar ao monte. Tralo accidente do Prestige viron afectada a venda da súa produción. A súa teoría de traballo é renovarse ou morrer.
Muxía.
 

Un bo servizo en movemento e en repouso.

Empresa de servizos loxísticos de transporte, almacenaxe e xestión de mercadorías en xeral. Apostan pola externalización das tarefas. Reparten por toda a península contando así cunha delegación en granada. Segundo o propietario da empresa o futuro pasa por ser capaces de mellorar a oferta do sector terciario.
Muras.
 

Distribuir contenido