Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sociedad

"Escolle os xogos para o teu parque".

No concello de Legazpi levouse a cabo o fomento da participación cidadá por medio dun folleto a rechear polos nenos do municipio acerca da elección dos xogos a instalar no novo parque infantil. Creouse deste xeito unha nova área de xogos a partires da opinión expresada por 125 nenos aos que se lles introduce nos procesos participativos e democráticos.
Legazpi (Guipuzkoa).
 

Campaña de comunicación dun Udaltalde 21.

Procedeuse nos concellos desta comarca á realización dunha campaña de concienciación cidadá para achegar o proceso da Axenda Local 21 á poboación e impulsar a súa participación. Esta campaña logrou levar a mensaxe da sustentabilidade á maioría dos fogares dos concellos.
Concellos da comarca de Buruntzaldea: Andoain, Astigarraga, Hernani, Ursurbil, Lasarte-Oria e Urnieta (Guipuzkoa).
 

Foro pola sustentabilidade.

Tratouse neste foro de xerar unha cauce permanente entre o concello e a cidadanía con obxectivo de ser o órgano impulsor e avaliador da Axenda Local 21 do municipio. Logrouse a consolidación desta canle de comunicación conseguindo así a recollida da percepción cidadá e elaboración e seguimento do plan de acción local.
Alonsotegi (Bizkaia).
 

Accións para a redución e control da contaminación acústica.

Estas accións resúmense na elaboración dun mapa de ruído municipal para determinar os niveis de ruido en cada zona e as súas fontes así coma unha posterior execución para reducilos. Os principais logros destas accións consistiron na identificación das fontes principais de ruído, unha definición das vías para resolver os conflictos entre a poboación e as actividades máis ruidosas, así coma a aprobación dunha ordenanza municipal de ruído interior.
Hernani (Guipuzcoa).
 

Aplicación municipal da campaña "Cataluña aforra auga".

Esta iniciativa implantouse coa intención de amosar que hai solucións imaxinativas, participativas, sinxelas e efectivas ás demandas de auga. Supuxo un aforro promedio de auga do 12% en relación aos consumos anteriores á realización da campaña.
Torredembara (Tarragona).
 

Plan integral de aforro de auga.

Boa práctica consistente na aplicación dun plan integral para a redución ou estabilización do consumo de auga por habitante, centrándose en determinados sectores. O froito da implantación desta iniciativa foron o aumento nun ano da eficiencia da rede nun 5% e a redución do vertido de residuos perigosos grazas a unha maior concienciación da poboación e coñecemento dos fluxos de residuos no concello.
Vitori-Gasteiz (Álava).
 

Unidade didáctica sobre os recursos hídricos municipais.

Boa práctica baseada na elaboración dunha unidade didáctica sobre os recursos hídricos do concello e en particular, do río Butrón. Este foi un proxecto dirixido tanto aos centros educativos coma a poboación de todo o concello e comarca coa finalidade de dar a coñecer e poder valorar o entorno natural, respectándoo e integrándoo na vida do municipio. Conseguiuse gracias a esta iniciativa unha maior concienciación sobre a importancia dun uso racional da auga e da conservación dos hábitats fluviais.
Mungia (Bizkaia).
 

Cidades en Transicion: O caso de Totnes.

Este tipo de cidades (Transition Towns) comportan un conxunto de movementos locais que buscan mitigar os efectos dunha futura crise global relacionada co pico do petróleo. A adopción deste tipo de cidades pretenden adoptar un modelo máis sustentable que potencie a autosuficiencia reducindo a pegada ecolóxica.  No caso da cidade de Totnes o desenvolvemento de distintos proxectos a pequena escala coherentes coa estratexia xeral, a maior parte deles están relacionados coa economía local e o intercambio de bens e servizos, a saúde e o benestar, a alimentación e a educación.

2015 Copenhague, primeira capital neutra en carbono.

Proxecto cuxo obxectivo é conseguir a reducción dun 20% de emisións para o 2015 respecto do ano 2005 convertindo asía a cidade na primeira capital neutra respecto do carbono para o ano 2025. Para a consecución dos obxectivos levaranse a cabo actuacións coma o desenvolvemento dun espazo ecolóxico, mellorar a saúde pública derivada de distintas accións ambientais e involucrar neste proxecto a cidadanía obtendo dela unha participación activa.
Copenhague.
 

ProjectZero Sønderborg (Dinamarca), cidade libre de emisións.

Proxecto parte da visión de converter a poboación nun territorio con cero emisións para o ano 2029. Proxecto formado por outros proxectos que afectan a todos os distintos sectores da sociedade, loitando por conseguir cumprir o reto dun compromiso e elevado nivel de participación de todos os axentes implicados.
Sønderborg (Dinamarca).
 

Distribuir contenido