Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Algo máis que turismo rural; algo máis que artesanía.

Proxecto integral de taller artesán e restaurador, máis conxunto de turismo rural. Proxecto que nace ao rehabilitar un antigo lugar propiedade da familia da cabeza pensante do proxecto. Nun enclave difernciador o propietario asegura que o rural ten que ter unha estratexia clara e global, tratando de identificar e aproveitar todos os recursos que posúe, que son moitos.
Xermade.
 

Os "cacharreiros" Ninodaguia.

Tras obter do seu tio e pai unha moi boa ensinanza do mundo da olería embarcouse no oficio e estableceu unha empresa dedicada á produción de diversos obxectos de cerámica. Tivo que modernizarse para mellorar a produción e ser máis competitivo pero segue moldeando de xeito artesanal el mesmo os produtos que elabora no seu taller.
Xunqueira de Espadañedo.
 

Coma os da casa, de fume de carballo.

O proxecto comezou elaborando embutidos con carne que mercaban máis para facer, máis, para conseguir unha maior calidade comezaron a criar porcos. Agora teñen unha  fábrica de embutidos de porco, cunha elevada proporción de produción propia. Exportan a toda Galicia e incluso a outros puntos da península.
As Nogais.
 

A calzada do viño.

Trala adquisición dunha adega do século XVI e dos seus viñedos, o emprendedor desta iniciativa produxo un caldo tinto mencía D.O. Ribeira Sacra que hoxe triplica a súa producción e que leva ás costas unha gran laboura comercial.
Chantada.
 

A cousa non para na castaña.

Empresa familiar de comercialización de castaña e elaboración de produtos derivados. Empresa que tivo que atender ás novas canles de comercialización e ademais disversificou os produtos así coma o seu proceso produtivo para obter tanto melloras na eficiencia do procesado e na calidade final do produto.
Chantada.
 

Aquí cúranse ben curados.

Tras uns comezos difíciles para esta industria en pleno momento do fenómeno "vacas tolas" e unha necesaria adaptación a un mercado saturado tívose que optar por ampliala gama de embutidos. Esta empresa dedicada á industria cárnica especializada en produtos típicos galegos, fundamentalmente botelo, chourizo e longaínza hoxe día ten coma finalidade manter a ampla carteira de clientes que ten.
A Fonsagrada.
 

Aquí hai madeira.

O protagonista da iniciativa vivía nun concello con gran potencial forestal  ao que se sumou que a súa familia tivera un pequeño serradoiro, polo que decidiu porse a en marcha. Tivo que acudir a outros socios e ao programa LEADER xurdindo así unha cooperativa.  Ao serradoiro sumáronse dous secadoriros e agora son procesadas anualmente catro mil toneladas de madeira.
A Fonsagrada.
 

De pata celta.

Proxecto levado a cabo por un grupo de persoas constituídas en cooperativa. O proxecto consiste nunha explotación extensiva de porco celta orientada ó xamón de calidade con venda directa a través de internet da súa produción, na cal o cliente pode decidir como quere que se vaia criando o seu porco.
A Fonsagrada.
 

Creación propia.

Este proxecto foi levada a cabo por retornados galegos cuxo afán artístico a fixo levar a establecer un centro artesanal con tenda e taller,
fundamentalmente adicado a elementos de gres.
Teo.
 

Co futuro de Muros.

Gardería para nenos de 0 a 3 anos creada por unha diplomada en Maxisterio na localidade de Muros.
Muros.
 

Distribuir contenido