Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Ó paso, ó trote ou ó galope.

Empresa adicada á artesanía do coiro en guarnicionería e talabartería. Esta empresa está  hoxe establecida en distintos puntos de Galicia e despois de tantos anos de andadura nas novas instalacións ofrecen un completo museo ó visitante.
Arzúa.
 

Fresco, non só por estar frío.

Cooperativa integrada por gandeiros de vacún de leite para a produción de queixo fresco, implantando no mercado un produto de elaboración típica das casas do rural galego. A comercialización e distribución do produto faise directamente dende a cooperativa. A facturación foi cada vez en aumento así coma a gama de produtos ofrecidos.
Aranga.
 

Horta natural, dos novos.

Empresa integrada por catro mozos adicada á produción e comercialización de produtos hortícolas ecolóxicos e convencionais. Agora teñen un posto no mercado de San Agustín onde ofertan, ademais dos seus, outros produtos ecolóxicos, dende ese posto reparten por outros pequenos establecementos da cidade e tamén abastecen ón mercado central da Coruña.
Varios na provincia da Coruña.
 

Redonda e refrixerada, pero con personalidade propia.

Empresa dedicada á fabricación de empanada galega conxelada e refrixerada. Esta empresa está orientada a compradores como cadeas de supermercados, mais o seu obxectivo principal é ter distribuidores para a súa empanada.
Oleiros.
 

Á luz das flores.

A iniciadora do proxecto comezou a súa aprendizaxe en Francia e dun xeito autodidacta continuou en Carral onde estableceu unha tenda-taller de artesanía con desenvolvemento da técnica de flores secas sobre pantallas de lámpadas.
Carral.
 

A granxa e o queixo.

Complexo en antiga explotación gandeira que integra granxa escola, un zoo de animais domésticos, un museo do queixo, una fábrica de queixos,  un restaurante e unha tenda onde se  organizan unha variada gamas de actividades relacionadas coa agricultura e a natureza.
Sobrado.
 

Non só pasta.

Estudo, deseño e posta en marcha dunha fábrica de laminados de eucalipto glóbulus. Proxecto para o cal se contou coa colaboración de consultoras, empresas centros de investigación que definiron un destino alternativo para esa madeira.
Trabada.
 

No lugar escollido.

Taller de mecanizados orientado ó mantemento e fabricación para reposición de pezas de vehículos.
 A Pontenova.
 

Ruído e cor agardan ir de festa.

Implantación dunha industria pirotécnica, na cal se deseñan e montan cada colección .
Laracha.
 

Nesta ría tamén hai barco.

Proxecto consistente no establecemento de embarcación para realización de rutas turísticas na ría de Pontevedra. Proxecto que nacegrazas á súa inclusión no programa Proder.
Poio.
 

Distribuir contenido