Francisco Sóñora Luna. José Lires Corbal.
Esta é a primeira unidade didáctica global de Climántica. O seu contido está estruturado e ilustrado con estilo didáctico. En cada apartado e subapartado suxírense actividades que inspiran aos profesores actividades concretas de aula. O contido do libro iníciase coa diferenciación de tempo e clima, pon en valor a diferencia dun grao de temperatura global, utiliza o actualismo xeolóxico para interpretar as causas das variacións do clima en base aos indicadores que permite interpretar a tendencia xeolóxica normal ou natural dos cambios climáticos, que proxectada de cara o futuro, permite extraer a nosa responsabilidade na tendencia actual ao quentamento global. Tamén interpreta as causas da interacción antrópica no clima e aborda as consecuencias nos ecosistemas terrestres e acuáticos, así coma as súas repercusións éticas, políticas económica e sociais.
Organismo promotor: CLIMÁNTICA