Lino Naranjo. Vicente Pérez Muñuzuri.
MeteoGalicia, dentro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, presenta como un dos seus obxectivos de estudo esenciais o clima, a súa variabilidade e cambio dentro da comunidade de Galicia. Este libro, que coeditamos conxuntamente coa Fundación Caixa Galicia constitúe unha acción no sentido da divulgación e promoción dos estudos climáticos dentro da ciencia galega moderna e un punto de partida necesario para futuros esforzos neste eido científico. Neste caso, realizouse un esforzo importante para presentar novos datos e estudos sobre o clima galego non publicados ata a data, como é, por exemplo, o efecto do cambio climático en Galicia.
Organismo promotor: Xunta de Galicia. Fundación CaixaGalicia.