Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Este libro divídese en dúas grandes partes. A primeira delas inclúe tres apartados: un primeiro, no que se describen as principais etapas do desenvolvemento destas ciencias en Galicia, enmarcadas, para a súa máis correcta e doada interpretación, no imprescindible contexto histórico mundial e español; un segundo, en que se ofrece unha pequena historia dos primeiros observatorios, que foron esas unidades funcionais fornecedoras dos datos meteorolóxicos; e, finalmente, un apartado complementario no que se recollen algúns exemplos do instrumental utilizado nos observatorios. A segunda parte trata sobre a historia do clima en Galicia, que se considerou de interese e pertinente para a súa inclusión neste volume porque era o resultado máis tanxible desas actividades que na primeira parte se describían e porque o propio clima ten tamén unha historia particular que axudaría a completar esa dimensión temporal tan necesaria para eses momentos de reflexión dos que tan debedora é a ciencia contemporánea.
Organismo promotor: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible