Elvira Sahuquillo Balbuena
Esta guía de orquídeas contribúe ao coñecemento e divulgación da riqueza florística do parque natural e facilita o achegamento a esta interesante familia de plantas, popularmente asociada ao mundo tropical. As orquídeas destacaron sempre pola beleza das súas flores, pero, ademais do seu valor estético, presentan un importante valor biolóxico e ábrennos os ollos á complexidade do mundo natural. Ao observar unha orquídea fixarémonos na súa labiríntica estrutura, que indica con que tipo de organismos está relacionada e cal é o seu funcionamento. As orquídeas son plantas sensibles á alteración do seu hábitat. A presenza neste parque natural de diferentes especies con poboacións estables ao longo do tempo indícanos que estamos nun medio ben conservado.
Organismo promotor: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. D.X. Conservación da Natureza.