O CITI nace como unha aposta de I+D que pretende dotar ao campus de Ourense das infraestructuras necesarias á hora de posicionarse como centro científico de referencia e atraer recursos externos. Nace coa vocación clara de ser un centro emblemático de I+D+i da provincia de Ourense no que as investigacións máis punteiras e máis aplicadas á empresa atopen un lugar físico de calidade e con garantías no que desenvolverse e doutra banda de achegarse ás empresas.