Esta asociación xurdiu dun grupo multidisciplinar de estudantes e investigadores da Universidade de Vigo cuxa paixón pola natureza fixo que levaran a cabo o desenvolvemento dunha tecnoloxía apropiada para o respetuoso estudo e observación da fauna salvaxe, habitualmente esquiva ante a presenza humana. Consideran as novas tecnoloxías unha poderosa ferramenta para a procura de información e con elo a sensibilización e a educación ambiental. Co seu afán divulgador lóxica é a súa premisa "para conservar hai que coñecer, hai que coñecer para divulgar".