Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

FEG (Federación Ecoloxista Galega)

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é a principal federación ecoloxista de ámbito galego, actualmente formada por 16 asociacións, a maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia, case todas de de ámbito local ou comarcal.  Un dos obxectivos da FEG é debater, pór en común e desenvolver tanto pronunciamentos públicos como campañas sobre os principais temas ambientais nos que estean interesados varios grupos. Tamén pretende apoiar, na medida das súas posibilidades, o traballo das asociacións membros, así como favorecer a súa consolidación organizativa.  A FEG é unha organización democrática e independente das administracións, de empresas e de forzas políticas. A FEG colabora con outras organizacións ecoloxistas de fóra de Galicia e está integrada na Plataforma Ecoloxista Luso-Galaica.  A FEG apoia o labor das asociacións que a integran, elabora propostas para a solución dos problemas ambientais, denuncia agresións ao ambiente, promove actividades reivindicativas e de información e educación ambiental, participa en órganos consultivos das administracións e edita publicacións.