Esta asociación preséntase como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que ata o dagora se atopaban desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os coñecementos no mundo dos fungos e a natureza. O crecente número de afeccionados, a continua merma dos bosques e a recollida abusiva e destructiva, froito da ignorancia ou a avaricia, fan necesaria así mesmo unha plataforma de formación e educación que senten as bases para unha xeración de seteiros respetuosos coa natureza e o propio mundo fúngico.