Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Rede de Aulas Forestais

Con esta rede preténdese fomentar a cultura forestal a través de actividades de educación e divulgación dirixidas a diferentes axentes do sector forestal e ao público en xeral, pero especialmente aos máis novos, para os que existe un programa de actividades específico.  Entre os seus obxectivos principais está o de ser puntos de encontro para a realización de actividades de carácter forestal; a ensinanza de labores forestais (plantacións, tratamentos silvícolas e aproveitamentos, entre outros), e como centro de visitas de colexios para complementar a formación dos nenos e nenas no seu coñecemento do bosque. Estas visitas pódense complementar con actividades prácticas no exterior mediante sendeiros interpretativos no contorno da aula forestal.