Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo. O proxecto baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes onde se analiza a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións para acadar o obxectivo de redución das emisións, empregando a pedagoxía do compromiso, promovendo que se asuma a responsabilidade e a interiorización das cuestións plantexadas, cambiando así o comportamento por "si mesmos" identificándose cos valores que constitúen a base do proxecto: responsabilidade, participación e cooperación. A Aposta por frear o Cambio Climático motiva ás actitudes positivas cara o medio ambiente, favorecendo o intercambio de experiencias e a interacción entre os diversos actores sociais para a busca de solucións.