Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proxecto Eurocidade Chaves-Verín

O proxecto de Eurocidade Chaves-Verín pretende a posta en común dos recursos, a través da achaiadura e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de Verín na Comunidade Autónoma de Galicia e de Chaves na Rexión Norte de Portugal. As intervencións, próximas aos cidadáns, pretenden promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre dúas cidades que pasan a utilizar o efecto fronteira como unha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, potenciando a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre as poboacións de ambos os territorios.