María Vázquez profesora de lingua española decidiu crear unha academia de idiomas especializada en novas tecnoloxías en Vimianzo ante a carencia de formación neste eido no ámbito rural. Unidades informáticas transportables dan servizo ata a 6 estudantes simultáneamente. O usuario utiliza uns auriculares e un micrófono e conversa cos compañeiros e profesor. O programa escoita, corrixe e analiza a pronunciación. O tipo de usuarios pertencen a tódalas idades, oficios e con todo tipo de obxectivos. Estanse organizando cursos para máis concellos. A parte a academia organiza saídas pola vila e excursións a outros lugares nas cales sempre falan no idioma que están practicando. O novo proxecto desta academia é organizar campamentos rurais para rapaces en diferentes idiomas.
Vimianzo.