Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Un espazo para os nenos; que eles lle dean cor.

O proxecto que comeza fai 30 anos acabou sendo un complexo formado por un centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración, aloxamento de turismo rural e instalacións-programas de formación ocupacional profesional. O centro psicopedagóxico plasma a innovación dende a educación buscando o libre desenvolvemento do potencial do neno, inclusive as estructuras arquitectónicas dos espazos están pensadas dende a mente dos nenos. Faise promoción da integración, diversidade cultural, etnografía e hai un continuo contacto coa natureza. Actualmente hai nove unidades pedagóxicas nas que interaccionan nenos de infantil, primaria, secundaria e formación laboral con necesidades educacionais especiais. Este centro é un referente mundial de educación innovadora e reflexiva. Ademais acondicionouse a Abadía de Pelouro para turismo rural conxugándoo co desenvolvemento sociocultural. Tamén forma parte deste centro, Factoría Pelouro, un obradoiro de formación e producción artesanal.
Tui.