Esta é unha empresa que comezou adicándose ao cultivo e comercio do champiñón previa formación dos propietarios e cunha continua reciclaxe de coñecementos mediante viaxes ao extranxeiro buscando novos avances, unha continua reciclaxe que tamén aplicaban aos seus envases, materiais publicitarios e papel que utilizaban. A demanda do mercado cambiou e optaron polo cultivo e comercio dos cogomelos apostando por especies descoñecidas "plerotus" e "shitak". A estacionalidade produtiva levounos a establecer unha conserveira para os fungos non comecializados en fresco, tras ver que o uso da conserveira era mínimo decidiron optar pola conserva de algas. A demanda desta conserva foi en aumento e os custos de recolección do produto tamén aumentaban co cal introduciron I+D para este ámbito contando coa colaboración da Universidade da Coruña e do Instituto Oceanográfico. Resultado: cada ano duplican as vendas.
Cambre.