A iniciativa partiu da Sociedade de Cazadores de Portas co obxectivo de xestionar e manter a poboación do coello autóctono do Tecor ( Terreo Cinexéticamente Ordeado). Estes animais están criados en semiliberdade nunha extensión de terreo de unha hectárea obtida como concesión dun monte comunal e unhas instalacións de 6500 metros cadrados. Nestas instalacións intentan reproducir biotopos nos que os coellos crien con normalidade, e non só ter coellos para o seu Tecor que abrangue o concello de Portas, senón tamén coa intención de facer soltas e crear varios núcleos de xeración de coello autóctono noutros puntos de Galicia
Portas.