Dous dos creadores vencellados ao mundo da informática co obxectivo de aportar algo positivo ao mundo gandeiro apostaron pola innovación e a tecnoloxía no mundo agropecuario desenvolvendo un software de aplicación gandeira obtendo coma resultado o primeiro programa informático galego para explotacións de vacún de leite. Este programa informático adáptase perfectamente ás granxas da zona por estar en contacto directo cos usuarios. Tamén crearon a Curro un robot de limpeza para explotacións de vacún. Coa colaboración de dous socios máis crearon a empresa na que se conxugan os coñecementos de electrónica e programación dos dous primeiros coa experiencia en instalaciaóns gandeiras dos dous últimos.
Cospeito.