Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sendeiro viñedos da Ribeira Sacra.

Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural. En Albarán segue un camiño de servizo para os viñedos que conduce cara ao val do río Cabe. O camiño serpea entre as vides de uva mencía coa que se elabora o afamado viño da D.O. Ribeira Sacra. Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza. En Portizó e Hortás pódese contemplar boas mostras de arquitectura tradicional. De novo outra pequena derivación conduce ata a casa de turismo rural "Reitoral de Anllo". Bosques e viñedos ofrecen fermosas panorámicas sobre os vales do Cabe e o Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, encontramos a estrada que baixa ao embarcadoiro dos catamaráns.
San Miguel de Rosende, Albarán, Areas, Portizó, Rectoral de Anllo, Castinandi y Os Chancís.