O sendeiro comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa cerca do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.
A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.