Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Eficiencia enerxética

Estudo de optimización Enerxética do Sector Municipal de Galicia (Parte I)

Este documento facilita aos municipios acadar un menor consumo enerxético por medio dunha planificación de xestión técnica que avalía a súa importancia económica e a súa repercusión na redución de custos e o incremento na eficiencia dos servizos.
Organismo promotor:INEGA

 

Estrategia de ahorro y eficiencia energética en España 2004-2012: Plan de acción 2004-2012.

Este documento preséntase coma unha estratexia para levar a cabo políticas de aforro e eficiencia enerxética.

La energía en España 2009

O informa recolle a evolución do mercado enerxético en España durante o 2009. Fai un análise detallado dos Balances Enerxéticos e prezos así coma as novas disposicións legais de ordenación do sector.
Organismo promotor: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Secretaría de Estado de Energía.

 

Catálogo de publicacións 2009.

Neste catálogo recóllense as publicacións realizadas polo IDEA dende 1982 ata o 2009. Dito catálogo está estruturado cos obxectivos da actividade de IDEA, que son a promoción da eficiencia enerxética en España, o uso racional da enerxía así coma a diversificación das fontes de abastecemento e a utilización das enerxías renovables. Distribúese o catálogo en tres seccións, o aforro e eficiencia enerxética, as enerxías renovables e unha última sección na cal se tratan temas xerais que abarcan temas relacionados coas seccións anteriores.

Palabras clave: IDEA

 

Memoria anual 2008. IDEA

Nesta memoria anual faise nun primeiro momento a análise do aforro, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en España nese ano. Seguidamente os resultados obtidos da Estratexia Española de Eficiencia Enerxética e dos seus distintos plans. Explica as medidas adoptadas no Plan de activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011 así coma o balance de resultados do PER 2005-2010 no 2008 sobre a situación dos convenios para a realización de proxectos coas CCAA.

Distribuir contenido