Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

I+D

Tecnoloxía ao servizo dos gandeiros.

Dous dos creadores vencellados ao mundo da informática co obxectivo de aportar algo positivo ao mundo gandeiro apostaron pola innovación e a tecnoloxía no mundo agropecuario desenvolvendo un software de aplicación gandeira obtendo coma resultado o primeiro programa informático galego para explotacións de vacún de leite. Este programa informático adáptase perfectamente ás granxas da zona por estar en contacto directo cos usuarios. Tamén crearon a Curro un robot de limpeza para explotacións de vacún.

Platega

Plataforma de teleformación galega que  proporciona á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un sistema de e-learning adaptado ás suas necesidades educativas específicas. O sistema está a ser desenvolvido mediante un convenio de colaboración de I+D co Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos da Universidade de Vigo. Mediante esta tecnoloxía o estudiante ten acceso a cursos interactivos e multimedia en formato web, apoiados con mecanismos de comunicación que permiten a colaboración e discusión en líña das materias estudiadas.

Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

O CITI nace como unha aposta de I+D que pretende dotar ao campus de Ourense das infraestructuras necesarias á hora de posicionarse como centro científico de referencia e atraer recursos externos. Nace coa vocación clara de ser un centro emblemático de I+D+i da provincia de Ourense no que as investigacións máis punteiras e máis aplicadas á empresa atopen un lugar físico de calidade e con garantías no que desenvolverse e doutra banda de achegarse ás empresas.
 

Distribuir contenido