Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Espacios naturales protegidos

Rede Galega de Conservación

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total galega. Nela recóllense aqueles espazos naturais da comunidade autonómica que dispoñen dun réxime especial de protección en virtude das diferentes normativas autonómicas, estatais ou comunitarias así como convenios internacionais. Estes espazos naturais recollen os ecosistemas máis representativos e significativos do territorio galego: costas e rías, lagoas, ecosistemas fluviais, serras do interior, fragas e devesas, etc.
 

Programa DRUIDA

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido aos escolares. Ten como finalidade servir de complemento ao sistema educativo formal, facilitando a asimilación dos conceptos impartidos na aula, promover o desenvolvemento de novas aptitudes e actitudes, así como garantir o desenvolvemento do proxecto curricular nas áreas de ciencias naturais e sociais.

Programa CENTUREA

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido ao público en xeral que visita un espazo natural protexido, en grupos de 5 (mínimo) a 30 (máximo) persoas. Desenvolverase todos os días do ano.Inclúe as seguintes actividades, segundo o espazo natural: Visitas a centros de interpretación, itinerarios interpretativos guiados arredor dos centros, itinerarios interpretativos autoguiados, interpretación de exposicións, charlas explicativas e proxeccións de diaporamas e vídeos
 

Programa ¡VIVE AO NATURAL!

¡VIVE AO NATURAL! é un programa de educación ambiental deseñado pola Consellería de Medio Ambiente para que todas as persoas poidan coñecer e gozar dos espazos naturais protexidos de Galicia. Este programa quere convidar á xente a descubrir, de xeito participativo e ameno, a sorprendente e marabillosa biodiversidade de Galicia, a través da interpretación da natureza e dos seus elementos etnográficos.
 

Distribuir contenido