Os Servizos Educativos Multimedia (SEM) provén á comunidade educativa de ferramentas de comunicación que estimulan a súa participación na sociedade da información. Estes servizos proporciónanlle ao profesorado instrumentos para desenvolver o seu labor educativo no novo marco tecnolóxico e melloran a súa eficacia pedagóxica. Tamén lle facilitan ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares, así como a súa adaptación ao contorno de traballo da sociedade da información.