Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Incendios

Follas Divulgadoras

As follas divulgadoras editadas pola Consellaría do Medio Rural teñen a misión de contribuír á difusión das campañas e medidas adoptadas dende a Administración en canto á reordenación, defensa contra incendios e posta en valor do monte galego. As follas constan das seguintes temáticas: Limitacións ás actividades no monte en prevención de incendios forestais - índice de risco diario de incendio forestal, consellos e limitacións das actividades profesionais; permisos de queimas, usos do lume e incendios forestais -

Xornada sobre a prevención de incendios forestais en grandes infraestruturas e núcleos rurais

As infraestructuras lineais e a prevención de incendios forestais.
Organismo promotor: Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural

 

Xornada sobre a prevención de incendios forestais en grandes infraestruturas e núcleos rurais

Presentación das xornadas amosando a realidade forestal galega.
Organismo promotor: Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural

 

UXFOR (Unidades de Xestión Forestal)

A presentación comeza cunha breve explicación sobre a situación do monte galego respecto da propiedade e os tipos de propiedades existentes. Aborda a problemática dos incendios forestais e a necesidade de por en valor o monte galego. Mostra a resposta da Administración cun novo marco lexislativo explicando os obxectivos e no marco da Lei 3/2007 as finalidades da UXFOR. Plasma exemplos de Uxfor e remata cunha diapositiva na cal dispón claramente tódolos obxectivos deste tipo de unidade de xestión.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Plan de Prevención e Defensa contra os incencios forestais de Galicia (PLADIGA)

Este documento establece a estrutura organizativa e os procedementos para a prevención , detección, extinción e investigación de incendios forestais segundo as épocas de perigo. Establece as épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco. Pretende reducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais. Establecer os obxectivos e as actuacións e desenvolver no ano 2010 para facer fronte aos incendios forestais.

Distribuir contenido