A presentación comeza cunha breve explicación sobre a situación do monte galego respecto da propiedade e os tipos de propiedades existentes. Aborda a problemática dos incendios forestais e a necesidade de por en valor o monte galego. Mostra a resposta da Administración cun novo marco lexislativo explicando os obxectivos e no marco da Lei 3/2007 as finalidades da UXFOR. Plasma exemplos de Uxfor e remata cunha diapositiva na cal dispón claramente tódolos obxectivos deste tipo de unidade de xestión.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.